|
AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA GALICIA 2009 Caderniño B COMPETENCIA MATEMÁTICA A propiedade destes exercicios é da Xunta de Galicia non do autor. ![]() Pero para partidos internacionais, as dimensións dun campo deben estar entre as seguintes marxes: a liña de meta entre 64 m e 75 m e a liña de banda entre 100 m e 110 m. Tes reparado nas dimensións dun campo de fútbol? A liña de meta (x) ten que ser máis curta cá liña de banda (y). A liña de meta, x, oscila entre 45 m e 90 m. A liña de banda, y, pode ter entre 90 m e 120 m. RECTÁNGULO PARA XOGAR Y 9,15 m X P1. No campo de fútbol de Riazor, a liña de banda é 3/2 da liña de meta. Lois percorreu o perímetro do campo, 350 m. Cales son as dimensións dese campo de fútbol? B. 110 metros de liña de banda e 65 metros de meta. A. 210 metros de liña de banda e 140 metros de liña de meta. C. 105 metros de liña de banda e 70 metros de liña de meta. D. 120 metros de liña de banda e 55 metros de liña de meta. P2. Cal é a proporción entre os valores máximos da liña de banda e a liña de meta dun campo de fútbol? A. A proporción é 3/4. B. A proporción é 1/2. C. A proporción é 4/3. D. A constante de proporcionalidade é 2. P3. O presidente dun club quere agasallar aos 18 xogadores que forman o equipo con 110 euros a cada un. A última hora ficharon a 4 xogadores máis. Co mesmo presuposto, canto recibe agora cada xogador? A. 100 euros. B. 90 euros. C. 20 euros. D. 110 euros. ![]() ![]() P4. A medida da superficie dun campo de fútbol é 6825 m2. Polo tanto, a expresión que nos dá, en metros, a medida da liña de meta, x, en función da medida da liña de banda, y, é a seguinte: Completa a seguinte táboa y x x = 6825 y 105 Aproxima ata ás centésimas 60 ![]() P5. Nestes gráficos, tirados dun xornal, pódense observar as contías dos presupostos (en millóns de euros) dos dous principais equipos de fútbol de Galicia nas últimas tempadas: Completa a seguinte táboa, na que se expresa a variación dos presupostos de cada tempada respecto da anterior: ![]() ![]() Cal das seguintes ecuacións deberás resolver para calcular as dimensións dese campo de fútbol? P6. O perímetro do campo de fútbol da imaxe é de 326 m e o seu longo mide 4 m máis có dobre do seu ancho. A. 3x-4=163 B. 3x+4=163 C. 6x-4= 326 D. 6x+4= 326 Y 9,15 m X ![]() ![]() O 25 de maio de 2008, o galego Javier Gómez Noya, proclamouse campión do mundo de triatlón en Madrid, logo de nadar 1,5 km, pedalear 40 km e correr 10 km. GÓMEZ-NOYA, CAMPIÓN DO MUNDO DE TRIATLÓN P7. Cal é a velocidade media en m/s de Gómez Noya na proba de ciclismo? A. 8,25 m/s. B. 10,92 m/s. C. 5,37 m/s. D. 11,22 m/s. P8. Cal é a diferenza total de tempo, medida en segundos, no conxunto das tres probas, entre Javier Gómez Noya e Iván Vasiliev? A. 21 s. B. 19 s. C. 26 s. D. 12 s. P9. Se a distancia percorrida por Gómez Noya na proba de carreira vén dada pola función y = 5,37x, sendo x o tempo empregado en segundos e 5,37 a constante de velocidade en m/s, cal das seguintes alternativas corresponde á distancia percorrida en minuto e medio? A. 0,4833 km. B. 48,33 km. C. 4,833 km. D. 0,04833 km. P10. Na clasificación por equipos desta copa do Mundo, a gañadora foi Australia que conseguiu a metade de medallas de bronce que de ouro e o dobre de prata que de ouro. Se en total conseguiron 14 medallas, cantas lograron de cada metal?. 1. Medallas de ouro: ................ 2. Medallas de prata: ............... 3. Medallas de bronce: ............ ![]() P11. Unha das rodas da bicicleta de Gómez Noya ten 20 radios. De cantos graos é o ángulo formado polo raio 1 co raio 4? A. 54º. B. 48º. C. 72º. D. 80º. P12. En cales das tres probas carreira, ciclismo ou natación) se dá unha maior diferenza de tempos entre o primeiro e o terceiro da clasificación xeral? A maior diferenza de tempo dáse na proba de: ............................... ![]() Os incendios forestais son unha grave ameaza á que se enfrontan os países na planificación de estratexias para a conservación da natureza. As gráficas seguintes amosan o número de incendios (con máis de 1 ha queimada) que se produciron nos 10 últimos anos nun determinado país. INCENDIOS FORESTAIS ![]() Superficie de bosque afectada durante este período: P13. En que ano se queimou máis superficie arborada? A. No ano 2005. B. No ano 2000. C. No ano 1996. D. No ano 2003. P14. Cal das afirmacións é a correcta? C. Entre 2003 e 2005 o número de incendios aumentou de ano en ano. D. No ano 2000 foi cando menos incendios houbo. B. No ano 2005 foi cando se produciron máis incendios. A. A partir do ano 2003, a superficie queimada foi cada vez maior. P15. No ano 2001 houbo 7 000 incendios e a superficie queimada foi de 20 000 ha. Cal é a superficie media queimada por incendio? B. 0,35 ha por incendio. D. 300 áreas por incendio. A. 285 áreas por incendio. C. 6 ha por incendio. P16. A superficie arborada no ano 2005 era de 2 millóns de hectáreas. Que porcentaxe de superficie arborada se queimou? B. 3,5 % da superficie total. D. 1 % da superficie total. A. 7% da superficie total. C. 35 % da superficie total. P17. Para diminuír o risco de incendios no lugar de Xestoso, unha cuadrilla de 20 persoas da empresa "A Xesta" vai limpar o monte de maleza, e calculan que tardarán 30 días. Os veciños queren que a empresa remate en 6 días. Cantas persoas máis ten que contratar a empresa? A. 40. C. 90. B. 80. D. 60. P18. Sobre un mapa a escala 1:250 000 situamos a superficie queimada nun incendio forestal. A superficie ten, aproximadamente, forma de triángulo rectángulo, e a medida dos catetos sobre o mapa é de 3 e 4 cm respectivamente. Cal é a superficie total queimada no incendio? A. 6 km2. C. 3,7 km2 B. 37,5 km2. D. 375 km2. P19. Desde o ano 2001 ao 2005, en que porcentaxe aumentou a superficie do bosque afectada polo lume? A. 250 %. C. 350 %. B. 400 %. D. Non aumentou. P20. Para apagar o lume, un hidroavión colleu auga na presa de Cecebre. Fixo na tarde 10 viaxes e en cada unha levou aproximadamente 2 100 litros de auga. Cantos metros cúbicos de auga transportou? A. 21,4 m3 C. 21,0 m3 B. 12,5 m3 D. 100,0 m3 P21. Cantos anos o número de incendios foi inferior a oito mil? A. 8 anos. C. 5 anos. B. 6 anos. D. 9 anos. |