COMPETENCIA MATEMÁTICA – ESO -GALICIA 2009 - CAD-A
          AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

                        GALICIA 2009

           COMPETENCIA MATEMÁTICA

                      CADERNIÑO A
A propiedade destes exercicios é da
Xunta de Galicia non do autor.
Unha empresa fabrica piscinas plásticas rectangulares que despois instala no
espazo que lle indica o cliente. Ao redor da piscina, polo seu borde, coloca
unha fila de lousas rugosas de cerámica para non escorrer.
AS PISCINAS RECTANGULARES
P1. Un veciño mandou instalar unha piscina como a do
debuxo. Que porcentaxe ocupa a superficie do vaso
da piscina respecto á superficie total da instalación?
A. 50 %.
B. 60 %.
C. 70 %.
D. 75 %.
P2. O vaso da piscina do debuxo mide 6 m de longo
por 4 m de ancho e está rodeada de 24 lousas. Cantas
lousas farían falta para rodear unha piscina cun vaso
de 14 m de longo por 6 m de ancho?
A. 44 lousas.
B. 28 lousas.
C. 60 lousas.
D. 50 lousas.
P3. Unha piscina ten unha capacidade de 27 m3. Antía
indicou en litros esa capacidade, utilizando notación
científica. Cal das seguintes expresións é a que está
correctamente escrita:
A. 273 litros.
B. 2,7•103 litros.
C. 27•104 litros.
D. 2,7•104 litros.
P4. Para evitar que alguén poida caer na piscina, pola
noite colócase polo bordo exterior das lousas un
valado plástico dun metro de altura. Cal é a lonxitude
total do valado?
A. 38 m.
B. 18 m.
C. 28 m.
D. 50 m.
P5. Na urbanización “Valparaíso” teñen unha piscina
cunha capacidade de 90 m3. No gráfico seguinte
móstrase a auga que gastaron para o mantemento
da mesma durante o ano pasado.
A. 12 250 litros.
B. 1 250 litros.
C. 2 940 litros.
D. 29 400 litros.
Cal foi o consumo
medio mensual ao
longo de todo o ano,
expresado en
litros?
P6. Cada vez que baleiramos a piscina de
6 m x 4 m x 1,5 m, facémolo cunha motobomba que
extrae 1,8 m3 por hora e aproveitamos a auga para
regar a horta. Canto tempo tarda en baleirarse?
A. 24 horas.
B. 20 horas.
C. 12 horas.
D. 40 horas.
P7. Se se cambia cada lousa por outras tamén cadradas
pero máis pequenas, de xeito que a superficie lousada
sexa en forma e área a mesma cá actual, cal é o
número mínimo de lousas que se precisan?
A. 48 lousas.
B. 24 lousas.
C. 50 lousas.
D. 96 lousas.
Teño que facer certos envíos a uns amigos. Decidín
aceptar os servizos de Correos e por iso consultei as
tarifas.

Na páxina web www.correos.es infórmase sobre as
dimensións que poden ter as cartas ou paquetes.

Velaquí un resumo:

Dimensións máximas (paquetes):
Largo + alto + ancho = 90 cm, sen que a maior
dimensión exceda de 60 cm.
Dimensións mínimas (cartas):
14 x 9 cm.
Tamén obtiven as tarifas que figuran na táboa, das
que eliminei algúns datos...
ENVÍOS POR CORREO
Fonte Correos
P8. Cal é a porcentaxe, en concepto de IVE, que se
engade á tarifa para obter o prezo final?
A. 16 %
B. 18 %
C. 20 %
D. 22 %
P9. Cal é o prezo final dun envío de ata 1,5 kg?
A. 4,03 €
B. 4,48 €
C. 4,36 €
D. 4,56 €
P10. Na seguinte ilustración indícanse as dimensións
dun paquete que chegou á oficina de Correos. O
perímetro da base mide 90 cm. Calcula o valor máximo
que pode tomar a altura:
Valor máximo: .............cm ........
P11. Cando pagamos por un certo produto o 16 % do
seu prezo en concepto de IVE, esa contía que
debemos aboar pódese calcular utilizando a seguinte
expresión:

                    Contía do IVE = 0,16 • Prezo

Cal das seguintes representacións é a que
corresponde ao que acabamos de expresar?
Rodea a letra correspondente.
.
.
.
.
As murallas da China e de Lugo selaron os seus lazos
de irmandade. Nesta información indícanse as
características principais das dúas murallas.
IRMANDADE ENTRE DÚAS MURALLAS
A GRAN MURALLA CHINESA                 A MURALLA DE LUGO
P12. Cantas veces máis longa é a gran muralla de
China cá de Lugo?
A. 3 448 veces máis longa.
B. 15 454 veces máis longa.
C. 7 300 veces máis longa.
D. 3 veces máis longa.
P13. Se rodeamos a muralla de Lugo cunha
circunferencia, cal sería o seu diámetro aproximado?
(π = 3,14)
A. Entre 662 e 675 m.
B. Entre 331 e 337 m.
C. Entre 900 m e 1 km.
D. Máis dun quilómetro.
P14. A sombra que proxecta unha persoa, que mide
1,90 m de estatura, mentres pasea pola muralla de
Lugo, é de 2,10 m. Cal será a sombra que proxecta á
mesma hora a torre da muralla coñecida como A
Mosqueira supoñendo que mide doce metros?
A. 13,26 m.
B. 18 m.
C. 12,45 m.
D. 20 m.
P15. Se as catro portas romanas que se indican no
debuxo as unes entre si de todas as formas posibles,
cantas rectas tés que trazar?
A. 8 liñas.
B. 10 liñas.
C. 4 liñas.
D. 6 liñas.
Publicouse na prensa que os agricultores se queixaban de que lles
pagaban moi pouco polos seus produtos en orixe e que, cando ían
a mercalos nas tendas, os prezos estaban disparatados. A verdade
é que, cando se vai mercar á tenda, algúns produtos xa pasaron
por intermediarios (o que incrementa os prezos nun 15%) e polos
tendeiros, que gañan un 5%. Observa a táboa seguinte:
PROTESTA DOS AGRICULTORES
P16. Xosé, que ten unha explotación de patacas na
Baixa Limia, tarda 10 días en recoller toda a colleita
contratando a 12 persoas. Se as quere recoller en 6
días, cantas persoas a maiores debe contratar?
A. 12 persoas.
B. 8 persoas.
C. 24 persoas.
D. 18 persoas.
P17. Un intermediario mercou o mesmo número de
sacos de fabas que de pementos. En total, eran 120 kg.
Cantos quilos de pementos mercou?
A. 75 kg.
B. 80 kg.
C. 65 kg.
D. 70 kg.
P18. Constrúe a expresión alxébrica e representa unha
función que nos calcule os ingresos "y" do agricultor
segundo o número de sacos de 20 kg. de pementos
vendidos "x".
Táboa de valores:
Expresión alxébrica:
Representación gráfica:
sacos
6
4
2
euros
 Vermella
 Azul
Gráfica:
P19. Cal é o prezo por quilo de cada produto en orixe?
Patacas
Fabas
Pementos
P20. Ao longo dos últimos 5 anos a evolución do prezo
das fabas en orixe ven dado polo diagrama de barras
seguinte:
Cal foi o prezo medio do saco de fabas nos últimos cinco anos?
 A. 22,60 euros.
 B. 21,20 euros.
 C. 22,50 euros.
 D. 23,40 euros.
P21. Completa a táboa:
Otros exámenes de interés :

Examen creado con That Quiz — el sitio de matemáticas.