F. de relación sexto LF - Examen
  • 1. Na función de relación implícanse:
A) Os sentidos
B) Os órganos sensoriais, o sistema dixestivo e os órganos efectores
C) Os órganos sensoriais, o sistema nervioso e os órganos efectores
  • 2. Cal é unidade básica do sistema nervioso?
A) Neurona
B) Médula espiñal
C) Os sentidos
  • 3. O sistema nervioso pode dividirse en
A) Sistema nervioso central e aparato locomotor
B) Os sentidos e o sistema nervioso periférico
C) Sistema nervioso central e sistema nervioso periférico
  • 4. O encargado de executar as respostas motoras é
A) Sistema nervioso
B) Os órganos dos sentidos
C) Aparato locomotor
  • 5. O encéfalo está formado por
A) Nervios
B) Cerebro, cerebelo, bulbo raquídeo e tronco encefálico
C) Cerebro, cerebelo e médula espiñal
  • 6. A rinite é unha enfermidade que afecta ao órgano do
A) Tacto
B) Gusto
C) Olfacto
  • 7. A función vital pola que o ser humano é capaz de captar estímulos, interpretar esa información recollida e actuar en resposta é:
A) Función de reprodución
B) Función de nutrición
C) Función de relación
  • 8. Os sabores principais que pode detectar a lingua son
A) Ácido, doce, amargo e salgado
B) Salgado, picante, ácido e amargo
C) So doce e salgado
  • 9. O esqueleto desempeña varias funcións. Unha delas é:
A) Pesa e nos impide flotar
B) Dá forma ao corpo e aguanta o peso dos tecidos
C) Outorga superpoderes
  • 10. Os nervios que compoñen o sistema nervioso periférico poden ser
A) So hai dun tipo
B) Nervios receptores e nervios efectores
C) Nervios sensitivos e nervios motores
  • 11. O cartilaxe é
A) Unha parte do sistema nervioso central
B) Un tecido máis flexible ca os ósos e que os cubre e protexe do desgaste
C) Uns fíos que unen o esqueleto e a musculatura
  • 12. As respostas dos actos reflexos ou actos involuntarios elabóranse
A) Na médula espiñal
B) No cerebro
C) Nos músculos
  • 13. O tímpano é unha parte do
A) Nariz
B) Oído
C) Ollo
  • 14. A escoliose é
A) Unha enfermidade que afecta ao sistema nervioso
B) Unha enfermidade que afecta á columna vertebral e que a deforma cara os lados
C) Unha inflamación das articulacións
  • 15. Órgano do sentido do tacto
A) Lingua
B) Ollo
C) Pel
  • 16. É un dos outros sentidos
A) Gusto
B) Equilibrio
C) Oído
  • 17. As articulacións poden ser:
A) Longas e curtas
B) Fixas, móbiles e semimóbiles
C) Planas e triangulares
  • 18. O úmero é
A) Un óso do brazo
B) Un músculo da perna
C) Un óso da perna
D) Un músculo do brazo
  • 19. Os abdominais son
A) Ósos
B) Músculos
  • 20. Son músculos
A) Cranio, pelve e esterno
B) Bíceps, tríceps e cuadríceps
C) Peroné e fémur
  • 21. Son os ósos da man
A) Tarso, metatarso e falanxes
B) Bíceps, tríceps e cuádricesp
C) Carpo, metacarpo e falanxes
  • 22. Músculo
A) Glúteo
B) Cranio
C) Sacro
  • 23. Os xemelgos son
A) Músculos da perna
B) Ósos da perna
C) Ósos da perna
D) Músculos do brazo
  • 24. O radio é
A) Un músculo que vai do ombro ao cóbado
B) Un óso que vai do ombro ao cóbado
C) Un músculo que vai do cóbado á man
D) Un óso que vai do cóbado á man
  • 25. Óso
A) Trapecio
B) Deltoide
C) Esterno
Examen creado con That Quiz — donde la práctica de matemáticas se hace fácil.