Modelaxe do relevo - Examen
- 1. Curso de auga con cauce fixo e caudal permanente
A) Regato B) Torrente C) Río
- 2. Conduto vertical subterráneo producido pola infiltración de auga
A) Cova B) Sima C) Galería
- 3. Val profundo con paredes de forte pendente
A) Val en "V" B) Val en "U" C) Barranco
- 4. Acumulación areosa a carón da costa
A) Barra areosa B) Praia C) Frecha
- 5. Curso de auga con cauce fixo e caudal intermitente
A) Río B) Torrente C) Regato
- 6. Acumulación pequena de depósitos torrenciais
A) Cono de dexección B) Delta C) Abano aluvial
- 7. Relevo residual aillado resultante da erosión dunha chaira
A) Cerro testemuña B) Rift C) Horn
- 8. Regos sobre superficies rochosas calcáreas
A) Lapias B) Cárcava C) Barranco
- 9. Curva pronunciada dun río
A) Chaira aluvial B) Meandro C) Terraza fluvial
- 10. Depósitos sedimentarios glaciares
A) Tillitas B) Morenas C) Circos
|
Otros exámenes de interés :