ThatQuiz Directorio Inténtalo
11.01. LA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
Contribuido por: Vila
  • 1. As funcións dos seres vivos son:
A) Nutrición, reprodución e dixestión
B) Nutrición, relación e respiración
C) Nutrición, relación e reprodución
  • 2. As substancias comúns á materia viva e á non viva son
A) Auga e sales minerales
B) Glícidos, lípidos e proteínas
C) Glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos
  • 3. As substancias orgánicas características dos seres vivos son
A) Auga e sales minerais
B) Auga, sales minerales e ácidos nucleicos
C) Glícidos, lípidos, proteínas e ácidos nucleicos
  • 4. Cales son as unidades básicas dos seres vivos?
A) células
B) célula animal
C) célula eucariota
D) célula procariota
E) célula vexetal
  • 5. Os animais herbívoros aliméntanse de
A) Herba
B) Algas
C) Plantas ou algas
  • 6. Que organismos teñen nutrición autótrofa?
A) Plantas e algunhas bacterias
B) Plantas, algas e algunhas bacterias
C) Algas e plantas
  • 7. Proceso complexo mediante o que os organismos utilizan as substancias que incorporan do medio para fabricar os seus propios compoñentes e obter enerxía
A) Nutrición
B) Respiración
C) Dixestión
  • 8. Organismo capaz de elaborar os seus propios compostos orgánicos a partir de substancias inorgánicas
A) Heterótrofo
B) Amorfo
C) Autótrofo
  • 9. Organismo que non pode sintetizar a súa propia materia orgánica a partir de dióxido de carbono, e auga e que, polo tanto, debe tomar compostos orgánicos elaborados por outros seres vivos
A) Heterótrofo
B) Autótrofo
C) Hermafrodita
  • 10. Que nome reciben os orgánulos celulares que actúan como centrais enerxéticas nas que se queiman os nutrientes e obtense enerxía?
A) Cloroplastos
B) Mitocondrias
C) Membrana plasmática
  • 11. O pigmento de cor verde que conteñen as células das plantas, das algas e das cianobacterias, capaz de absorber a luz solar e utilizar a enerxía da luz para realizar a fotosíntese, é:
A) A celulosa
B) A clorofila
C) O cloroplasto
  • 12. A perda de vapor de auga a través dos estomas, situados nas follas das plantas denomínase:
A) Absorción
B) Transpiración
C) Fotosíntese
  • 13. O transporte do zume que contén os elementos elaborados mediante a fotosíntese, desde as follas ao resto da planta, realízase no interior dos:
A) estomas
B) vasos leñosos
C) vasos liberianos (floema)
  • 14. A fotosíntese lévase a cabo nas plantas, no interior de certos orgánulos situados no citoplasma das células das súas follas, que reciben o nome de:
A) Cloroplastos
B) Clorofila
C) Celulosa
  • 15. O transporte do auga e dos sales minerales a través do talo, desde a raíz ata as follas, lévase a cabo polo interior dos:
A) vasos liberianos (floema)
B) estomas
C) vasos leñosos (xilema)
  • 16. Na respiración hai un dobre intercambio de gases entre o organismo e o medio
A) verdadeiro
B) falso
  • 17. Son os órganos respiratorios máis frecuentes entre os animais terrestres
A) Branquias
B) Traqueas
C) Pulmóns
  • 18. Conxunto de procesos químicos que suceden no interior dunha célula e cuxo obxectivo é mantela con vida
A) Metabolismo
B) Anabolismo
C) Catabolismo
  • 19. Conxunto de reaccións celulares cuxo obxectivo é elaborar substancias complexas a partir doutras máis sinxelas. Necesita enerxía
A) Catabolismo
B) Metabolismo
C) Anabolismo
  • 20. Conxunto de reaccións celulares cuxo obxectivo é degradar sustancias orgánicas para liberar a enerxía que conteñen
A) Metabolismo
B) Anabolismo
C) Catabolismo
Otros exámenes de interés :

Examen creado con That Quiz — donde la práctica de matemáticas se hace fácil.